Ética e política en Aristóteles:
Aristóteles comezou o seu estudo da conduta humana dicindo que esta se leva a cabo para a consecución dun fin último «se busca por si mesmo e os demais por el» e ao que se orientan os demáis fins. Este fin é a felicidade (eudaimonía). A maioría dos fins que queren conseguir os humanos son medios para alcanzar esta felicidade, que consiste no desenvolvemento da natureza e na actividade máis acorde coa esencia humana que é a actividade da razón e do pensamento.
Aristóteles propoñía unha vida teórica ou contemplativa como ideal de felicidade que se dedicaba ao pensamento, pero esta vida só sería posible se os humanos non tivesen problemas económicos, necesidades corporais… O ser humano so pode chegar a unha felicidade limitada que depende de factores como a saúde, unha boa economía, liberdade… Pódense cumplir todos estés factores e non ser feliz de todo, e para adquirir a felicidade é necesario practicar as virtudes, cas se consigue unha vida feliz. Hai dous tipos:
dianoéticas [(teóricas) perfeccionan o coñecemento] e éticas [(prácticas) perfeccionan o carácter].
dianoéticas [(teóricas) perfeccionan o coñecemento] e éticas [(prácticas) perfeccionan o carácter].
As virtudes dianoéticas son hábitos mediante os que se alcanza a verdade e hai 5 tipos:
técnica, sabedoría práctica (establece o que é correcto na práctica da conduta), a ciencia (epistéme), sabedoría teórica (sophía) e a intuición (nous).
técnica, sabedoría práctica (establece o que é correcto na práctica da conduta), a ciencia (epistéme), sabedoría teórica (sophía) e a intuición (nous).
As virtudes éticas son hábitos que nos permiten elixir o máis conveniente ou correcto, que consiste nun termo medio entre actitudes extremas e accións. Ex: o valor é o termo medio que hai entre ser covarde e ser temerario. Aristóteles propón seguir un modelo de home prudente para levar á práctica o termo medio.
Algunhas das virtudes éticas son: amizade, xenerosidade, valentía… E destaca a xustiza, da que hai diferentes tipos: a legal (cumprimento das leis) e a particular (cada individuo debe obter o que lle corresponde), xeométrica, aritmética… A ética aristotélica está relacionada coa política e só se pode conseguir dentro da polis ou Estado, no que os seus integrantes están subordinados ao todo social e que ten como obxectivo facer felices aos cidadáns e defender a xustiza.
Para Aristóteles a ética e a política eran inseparables e pertenza da primeira na segunda respectivamente tiña a súa razón na condición social do humano. Só se podía ser feliz na convivencia. Aristóteles utilizaba a idea de natureza para discutir as teorías que dicían que a sociedade viña dun acordó. A sociabilidade era un trazo da natureza humana («a polis é algo natural e o home é un animal político). Os homes encontrábanse vivindo nunha sociedade cooperativa grazas á palabra por enriba das bestas que non podían convivir con nadie, e por debaixo da divindade.
Había 3 formas naturais de comunidade: familia, aldea e polis (autosuficiente e perfecta). Xorden co fin de asegurar que os cidadáns poidan vivir ben. A polis é autosuficiente xa que pode xerar os bens necesarios para que os seus individuos poidan vivir. A aldea e a familia só cobran sentido dentro dela. […] Aristóteles aplicou a súa teoría das causas sobre a polis: a material é o nº de individuos (cidadáns e por outro lado, o conxunto de mulleres, mozos e escravos) que a forman máis os recursos naturais. A formal era o conxunto de costumes que quedaban retratados na Constitución máis nas leis (todos as debían respetar porque de non facelo, iríase contra a polis) e que constituían a vida social. A final buscaba o máximo desenvolvemento posible das condicións humanas naturais a través de todos os individuos da polis (finalidade común) para chegar a ter unha boa vida de maneira feliz. A eficiente está formada polos políticos ou lexisladores (o seu conxunto formará o Gobernó) que tratan de manter a Constitución para que os cidadán poidan conseguir a boa vida e feliz que buscaba esta. É necesaria unha prudencia extrema para levar a cabo as accións das que depende a felicidade dos individuos.
Os gobernó dependían da fidelidade e do nº de gobernantes e distinguíanse: 1) Os que buscan a felicidade dos gobernantes actuando en contra do ben común. 2) Os que buscan a felicidade todos os individuos co obxectivo de conseguir o ben común.
Segundo o nº de gobernantes se poden dividir (os Gobernos) en: 1)
Monarquía (unha persoa busca a felicidade de todos). 2)
Aristocracia (varias persoas buscan a felicidade de todos). 3)
Oligarquía (varias persoas buscan a súa propia felicidade). 4)
Tiranía (unha persoa busca a súa propia felicidade). 5)
República (o gobernó da maioría que busca a felicidade de todos). 6)
Democracia (gobernó da maioría no que cada individuo busca a súa propia felicidade.
Monarquía (unha persoa busca a felicidade de todos). 2)
Aristocracia (varias persoas buscan a felicidade de todos). 3)
Oligarquía (varias persoas buscan a súa propia felicidade). 4)
Tiranía (unha persoa busca a súa propia felicidade). 5)
República (o gobernó da maioría que busca a felicidade de todos). 6)
Democracia (gobernó da maioría no que cada individuo busca a súa propia felicidade.