Locke, Descartes e Hume: Unha análise comparativa
Locke é considerado o pai do **liberalismo político**. Este considera que a fonte de coñecemento é a **experiencia** e non a razón, como consideraba Descartes. É **empirista** e para el non hai ideas innatas, di que chegamos ao mundo como unha “tabula rasa”, un folio en branco. Pasaran 40 anos dende a obra de Hobbes, “Leviatán”, obra que defendía a protección da vida e propiedade e falaba da soberanía no pobo. Agora Locke escribirá o “2º Tratado do Goberno civil”, onde garante os **dereitos naturais** e defende a protección da vida, liberdade e propiedade. Tamén anunciará outro contrato social. A obra “Dous tratados sobre o goberno civil”, darán a coñecer a política de Locke. Para entender o liberalismo de Locke, debemos ter en conta a Hobbes, que prioriza o contrato social. Ambos son **contractualistas** pero con diferenzas. Hobbes é pesimista antropolóxico, considera que o ser humano é malo por natureza. Sen embargo, Locke é optimista antropolóxico, considera que o ser humano é bo por natureza. Hobbes para establecer un contrato social, parte dunha teoría: nun estado de natureza hai unha guerra de todos contra todos, o estado natural do home é estar en guerra. Fronte a Hobbes, Locke afirma que o estado de natureza é un estado máis pacífico. Con este precedente, entenderemos o contrato social de Locke. Este será parcial e reversible, xa que neses anos a burguesía gañara poder económico e social, polo que querían seguridade para a vida e a propiedade, ademais dun posto no poder.
O Liberalismo Político de Locke
O liberalismo político de John Locke baséase na defensa dos **dereitos naturais** do individuo, eses dereitos que temos polo simple feito de estar vivos. Entre estos está a vida, pero Locke engade a liberdade e a propiedade privada. Locke defende esta última dicindo que o traballo é o que da dereito aos bens materiais. Este di que quen traballa, é quen ten ese dereito á propiedade. Ao aceptar iso, decátase de que cometeu un erro, xa que había xente sen propiedades.
Para resolvelo propón invadir o novo continente descuberto, creando conflictos. No 2º tratado do goberno civil, Locke afirmou unha **separación de poderes**, xa que como a cesión é parcial, haberá un poder executivo, lexislativo e federativo. O poder lexislativo recae sobre a Asemblea, é dicir, a representación popular. O poder executivo recae sobre o goberno, realiza os mandatos do lexislativo. Por último, o poder federativo encárgase da seguridade do Estado e das relacións con outros estados. A obra “Dous tratados sobre o goberno civil”, expón tamén o contractualismo de Locke. Este sostiña que a orixe da política e da sociedade, baseábase nese contrato entre os individuos. Locke, como xa dixemos, defendía un estado de natureza que non era coma o de Hobbes, xa que non vivían en conflicto. Tamén defendía os tres dereitos naturais (vida, liberdade e propiedade privada). Ademais, propoñía un goberno limitado a eses poderes. Tamén defendía un acordo social entre os individuos para protexer os seus dereitos. En isto baséase tamén o seu contractualismo, en defender unhas estructuras do goberno e do poder baseadas nun contrato social, acordo entre os individuos para vivir en sociedade de maneira xusta. Debemos destacar que Locke coa súa carta sobre a tolerancia, intenta frear as disputas políticas católica/anglicana. Esta carta considérase o 1º escrito da Ilustración para algúns. En conclusión, o contractualismo e o liberalismo político de Locke destacan a importancia dun contrato social que establece un goberno limitado, para protexer os dereitos naturais dos individuos: a vida, a liberdade e a propiedade. Ademais Locke subliña que o poder político lexítimo emana do consentimento dos gobernados, e que calquera abuso de poder xustifica o dereito á resistencia, contribuíndo así á construción dun sistema político democrático e baseado na liberdade individual.
O Racionalismo de Descartes
René Descartes, nado na Haye de Tourene, estudou na “Fleche” bretaña, onde recibiu formación tardo-escolástica. Descartes deixara os seus estudos para alistarse no exército, nas guerras a Holanda, onde coñeceu a un dos seus grandes compañeiros, o matemático Isaac Berckman. Descartes tiña un pensamento **racionalista**, oposto aos empiristas. Os empiristas consideraban que a primeira fonte para entender o coñecemento era a experiencia sensorial. Sen embargo Descartes, como racionalista, rexeitaba como fonte de coñecemento tanto a experiencia sensorial, como a fé e a revelación, el vía como primeiro xeito para entendelo á razón. Ademais, os racionalistas tiñan **ideas innatas**, é dicir, ideas coas que somos nados. A partir delas, por deducción vían o resto das ideas, que poderían ser adventicias ou ficticias. Descartes cre que todas as disciplinas científicas son unificables nunha soa, na sabiduría humana. Ademais, cre nun único método e nunha única linguaxe científica (perfecta) para traballar esa única disciplina. O método científico de Descartes é o punto de partida do programa cartesiano. Este método básase nunha **dúbida metódica**, considera que debemos dubidar de todo aquelo que non sexa evidente e que, a dúbida vai antes da evidencia. Este para atopar unha verdade indubidable, vai a recurrir este método, exposto na súa obra “discurso do método”. Neste discurso, Descartes establece catro regras fundamentais para alcanzar a verdade indubidable a través a razón. A primeira é a **regra da evidencia**, que consiste en aceptar só aquilo que sexa claro, que teñamos a certeza de que é así, de que hai un problema; a segunda é a **regra de análise**, que consiste en dividir cada problema en partes máis pequenas chamadas “naturezas simples” para facilitar a súa comprensión; a terceira é a **regra da síntese**, que ordena os pensamentos do máis simple ao máis complexo e volve a compoñer o problema coas partes xa resoltas; por último, a **regra da enumeración e revisión** consiste en revisar cada paso do razoamento para garantir que todo este ben. Aplicando este método, Descartes ten como primeira evidencia o “cogito ergo sum”, penso, logo existo. Isto é o **cógito cartesiano**. O cógito cartesiano tivo varias influencias, de Agostiño de Hipona, que dixera “si me equivoco, existo”; de Gomez Pereira, que creara antes de Descartes o “penso, logo existo” e de Francisco Sanchez, o escéptico que dubidaba de todo e non cría en nada.
A primeira evidencia de Descartes levou ao problema do **solipsismo cartesiano**. Temos a certeza de que “penso, logo existo” pero, como sabemos que o mundo exterior é certo? cómo saímos de aquí? Ante este problema, xorde unha solución. Descartes crea a **hipótese do xenio maligno**, considera que este é Deus e nos engaña. Co argumento ontolóxico de Anselmo, Descartes chega á conclusión de que Deus puxo a idea de perfección e infinito e que aquelo infinito é perfecto. Polo tanto, se Deus é perfecto, Descartes di que non pode ser maligno, porque a maldade non está dentro da perfección. En conclusión, Descartes creou unha hipótese para negala. A evidencia do cógito, por outro lado, leva a Descartes a distinguir 3 sustancias cartesianas nas que se divide o mundo. A primeira é a “res cogitans” (cousa pensante), que ten como atributo pensar e pertence á alma. A segunda sustancia é a “res extensa” (cousa extensa), que ten como atributo a extensión e sería o mundo. Como última e terceira está a “res infinita” (cousa infinita), Deus, esta ten como atributo a infinitude. Esto leva á existencia dun **dualismo antropolóxico cartesiano** de novo, xa que o humano é res cogitans e extensa. É confuso porque non se sabe onde se separan. Descartes di que hai unha glándula pineal que une ambas res (cousas), é dicir, onde se unen corpo e alma. Esta é a solución de Descartes. Finalmente, destacamos o **mecanicismo cartesiano**, como ve Descartes o mundo. Este concibe o mundo como unha maquinaria perfecta e movida pola forza de Deus. Esta forza é sempre inmutable, polo tanto podemos chegar por deducción a todas as áreas do saber. As cousas do mundo non cambian, si entendemos como funciona esta máquina, saberemolo todo por deduccion. En conclusión, o método científico de Descartes baséase nunha dúbida metódica que busca chegar a certezas indubidables, sendo o cogito a primeira verdade clara. Esta evidencia establece a razón como base fundamental para coñecer o mundo e, actúa como pensamento racionalista.
O Empirismo de Hume
A epistemoloxía de David Hume (1711-1776) é unha das máis influíntes na historia da filosofía, especialmente dentro do **empirismo**. O seu pensamento céntrase en como obtemos coñecemento e cales son os límites da nosa razón. Hume segue a tradición empirista de Locke e Berkeley, pero a leva á súa máxima consecuencia ao desenvolver unha crítica radical á **causalidade**, a **inducción** e a idea de “eu”.
Principios clave do empirismo de Hume:
- Todo o Coñecemento Vén da Experiencia
Hume sostén que a única fonte do coñecemento é a experiencia. Non existen ideas innatas nin coñecementos a priori (independientes da experiencia). Para explicar como coñecemos, distingue entre percepciones:
- Impresións → Son as percepciones máis vívidas, como as sensacións e emocións. Exemplo: o dolor dunha queimadura.
- Ideas → Son copias máis débiles das impresións. Exemplo: recordar o dolor dunha queimadura.
Segundo Hume, toda idea provén dunha impresión previa. Se alguén nunca ha visto o color vermello, non pode formar a idea de él.
- A Crítica á Causalidade: Non Podemos Probar que A Causa B
Un dos puntos máis revolucionarios de Hume é a súa crítica ao concepto de **causalidade**. Tradicionalmente, pensábase que se vemos que un evento A sempre precede a un evento B, podemos dicir que “A causa B”. Exemplo: o lume quenta a auga.
Pero Hume mostra que non hai ningunha impresión de “causalidade” en sí mesma. Só vemos que dous eventos ocorren xuntos, pero non podemos probar que un realmente “cause” ao outro.
➡O que chamamos causalidade é só unha **costume mental**, unha asociación de ideas baseada na repetición. Exemplo: Cremos que o sol sairá mañá porque sempre o ha feito antes, pero non hai unha proba lóxica de que isto deba ocorrer.
Esta crítica é fundamental porque pon en dúbida o **método inductivo**, base do coñecemento científico.
- A Crítica ao “Eu”: ¿Existe Realmente unha Identidade Personal?
Hume tamén rexeita a idea dun “eu” permanente. Cando introspectamos, non atopamos unha “sustancia” chamada “eu”, senón só unha sucesión de pensamentos, sensacións e emocións en constante cambio.
➡O “eu” é só un conxunto de percepciones en movemento, sen unha esencia fixa.
Esta idea anticipa moitas teorías modernas en psicoloxía e filosofía sobre a identidade.
- O Problema da Inducción: Non Podemos Justificar o Coñecemento Xeral
O método científico baséase na **inducción**, é dicir, en xeneralizar a partir da experiencia. Por exemplo, se sempre hemos visto que a auga ferve a 100°C, concluímos que sempre o fará.
Pero Hume demostra que esta conclusión non é racionalmente justificable. Non hai ningunha razón lóxica para pensar que o futuro será como o pasado. Só cremos na inducción por costume e hábito, pero non porque sexa unha verdade demostrable.
Este é o famoso **problema da inducción**, que segue sendo un tema central na filosofía da ciencia.
- Coñecemento e Tipos de Enunciados: Relacións de Ideas vs. Cuestións de Feito
Hume divide o coñecemento en dous tipos:
- Relacións de ideas → Son verdades lóxicas e matemáticas, como “2+2=4”. Son necesarias e non dependen da experiencia.
- Cuestións de feito → Se basan na experiencia, como “o sol sairá mañá”. Non son necesariamente certas, só probables.
Isto significa que toda a ciencia é cuestión de feito e, polo tanto, incerta, o que desafía a idea dun coñecemento absoluto.
- Impacto da Epistemoloxía de Hume
As ideas de Hume tiveron un impacto enorme na filosofía posterior:
- Kant dixo que Hume o “espertou do seu soño dogmático” e tratou de resolver o problema da causalidade na súa filosofía trascendental.
- Popper propuxo a falsabilidade como solución ao problema da inducción na ciencia.
- Os positivistas lóxicos desenvolveron máis a idea de que só existen os enunciados verificables.
- Conclusión: Hume e os Límites do Coñecemento
Hume mostrou que:
- Todo coñecemento provén da experiencia.
- Non podemos probar a causalidade, só acostumbrarnos a ela.
- O “eu” é só unha colección de percepciones.
- Non hai certeza na inducción, só probabilidade.
O seu escepticismo cambiou a filosofía para sempre e segue influíndo en debates sobre o coñecemento, a ciencia e a mente.
O Emotivismo de Hume
David Hume foi un filósofo escocés do século XVIII que desenvolveu unha teoría moral baseada nos sentimentos e nas emocións humanas. Fronte á idea de que a moralidade se fundamenta na razón, Hume sostén que os xuízos morais xorden das nosas emocións, que nos permiten distinguir entre o correcto e o incorrecto. A súa visión céntrase na **simpatía** e na **utilidade** como principios fundamentais que guían o noso sentido moral. Hume sostén que os xuízos morais proveñen da emoción ou dos sentimentos, non da razón. Un feito moral provócanos unha emoción e é unha universal. Esta emoción está rexida por dous principios: a simpatía e a utilidade. O sentimento moral é a capacidade que temos a maioría de persoas para distinguir o que é correcto do incorrecto. En definitiva, Hume defende unha concepción da moral baseada na emoción, onde a simpatía e a utilidade desempeñan un papel clave na nosa capacidade de distinguir o ben do mal. A moralidade non é un produto exclusivo da razón, senón unha resposta natural e universal ás nosas interaccións sociais.