Orixe e Pensamento da Polis Grega: Influencias Filosóficas

A Formación da Polis Grega

Significado de Polis

Comunidades políticas illadas polo mar que eran independentes e formaban parte da Hélade durante a época arcaica (s. -8 ao -6). Pódese traducir como comarca, pois normalmente abarcaba varias cidades e extensións de campo. A maioría da poboación adicábase á agricultura e a clase dominante eran os terratenentes hereditarios.

Causas da Formación da Polis na Época Clásica (s. -5 ao -4)

  • Os gregos expándense polo mediterráneo a causa do aumento da poboación e as convulsións políticas internas.
  • A burguesía gaña poder no paso da economía de troco á dineraria e co desenvolvemento do comercio marítimo.
  • Nos pobos gregos cae a monarquía e a aristocracia no medio de terribles loitas.

Unha Cultura Común

As poleis eran moi distintas na extensión, poboación e estrutura política e social, pero compartían unha mesma cultura, falaban dialectos dunha mesma lingua, honraban aos mesmos deuses… As principais institucións comúns eran os Xogos Olímpicos e o Oráculo de Delfos.

A Importancia da Lei

Debido ao crecemento demográfico e ao aumento do comercio xurxen conflitos sociais nos que os xuíces son aristocráticos que non seguen ningunha lei escrita, polo que hai unha gran arbitrariedade. Cando os gregos aprenden a escribir, piden leis públicas e por escrito. No s. -7 xurxen lexisladores que expoñen as leis e, a finais deste século, Dracón promulga as leis tradicionais de Atenas, o que é un gran progreso a pesar da dureza de ditas leis (ex. escravitude por débedas). As leis podían ser criticadas e reformadas. E debido á pouca eficacia en resover os conflitos entre clases encargáronse outras leis a Solón, aristócrata prestixioso. Este tivo en conta os intereses de diferentes clases sociais. O pobo foi entón partícipe da Asemblea, supremo órgano xudicial. Os gregos tiñan moito respecto pola lei, considerando bárbaros a todo pobo que non se rexía por leis. A liberdade e seguridade do individuo só podía ter lugar no contexto da polis. Na época clásica, os homes libres nacidos na polis (cidadáns) participaban no goberno da cidade. Non así as mulleres, estranxeiros ou escravos.

A Polis como Horizonte Filosófico

Os cidadáns de cada polis estaban sometidos a unhas mesmas leis. Só nunha polis autónoma e soberana podía o home realizarse plenamente; así pensaban todos, incluídos os grandes filósofos clásicos, Platón e Aristóteles, que nas súas reflexións nunca superaron o horizonte da polis (Platón fai utopías da polis, mentres que Aristóteles analiza as exitentes)

Antecedentes Presocráticos

A filosofía de Platón é orixinaria, pero certos aspectos remóntanse ao comezo da reflexión filosófica, cuxos principais referentes na metafísica e filosofía da natureza son Heráclito, Parmínedes e Anaxágoras. A filosofía platónica é en gran medida resultado da confluencia destas e outras doutrinas presocráticas.

Heráclito

Coincide con Platón en que toda a realidade está sometida a un incesante cambio, aínda que di que a realidade é simple apariencia, o “mundo sensible”. Di que o movemento e cambio do real é dialéctico: a tensión dos contrarios é o verdadeiro motor do cambio. Platón recolle esta confrontación entre contrarios na súa teoría do coñecemento, onde reserva á dialéctica o status da ciencia suprema. A dialéctica platónica inspírase tamén no método diloxístico socrático.

Parménides

A súa influencia en Platón vese na Vía da Opinión (vía do acceso ao mundo sensible) e na Vía da Verdade (vía de acceso ao mundo intelixible, vía da razón). Polo que o dualismo ontolóxico platónico (dúas formas de coñecemento, dúas realidades) xa estaba dalgunha forma prefigurado por Parmínedes, pero con algúns matices: para Parmínedes só existía a realidade do ser, mentres que para Platón había realidades intermedias. Tanto o Ser de Parmínedes como as Ideas de Platón son inmutables e eternas. O antagonismo entre a realidade en continuo cambio de Heráclito e a realidade de carácter estático de Parménides, impulsará a Teoría Platónica das Ideas.

Anaxágoras

Tamén trata de resolver dito antagonismo, para o que introduce a figura da Nous: intelixencia que non crea, só ordena o mundo. É a causa eficiente do cambio e do movemento. A Nous é o antecedente do Demiurgo de Platón, un dos factores que explica a orixe cósmica e que pretende facer o mellor universo posible.

Os Sofistas e Sócrates

A mediados do s. -5, cambia o interese filosófico da natureza ao home (xiro humanístico); revolución protagonizada por Sócrates e un grupo de pensadores chamados Sofistas, entre os que destacan Protágoras e Gorxias. A importancia destes autores na filosofía platónica é notable. No caso dos Sofistas dita incidencia é negativa.

Protágoras

Era relativista, xa que poñía ao home como medida de todas as cousas. Tamén subxectivista, pois dicía que cada home era un individuo por si só. Cría que calquera punto de vista era válido, aínda que ningunha verdade era completa, e mediante o xuízo da razón podíase saber cal era a máis verdadeira. A súa filosofía constituía unha especie de fundamentación teórica da democracia: propoñía a liberdade de expresión, o respecto polas opinións dos demais, a persuasión pacífica en vez do uso da forza e a xustiza como base da vida política. Os sofistas tamén negan a distinción de Parménides, xa que para eles só existe a realidade das aparencias. Non estaban de acordo con Platón na diferenza entre saber indubidable e opinión ilusoria, para eles todas as opinións están no mesmo plano e cambian por efecto da persuasión.

Tanto Platón como Sócrates rexeitaban aos Sofistas pola súa actitude sensualista, subxectivista e relativista.

Sócrates

Non deixou ningún escrito, todo o que sabemos del é por mediación doutros filósofos, polo que todavía existen controversias entre os estudosos. Identifica a virtude co coñecemento (intelectualismo moral). Segundo esta concepción o que se comporta moralmente mal é porque descoñece o ben. Platón acepta esta teoría, aínda que non está totalmente de acordo, puntualiza que hai quen é malo a pesar de saber moito. Tanto Platón como Sócrates mostran unha actitude en contra da democracia: o goberno debe ser confiado aos que saben gobernar, é absurdo elixir aos gobernantes por votación ou sorteo. Ambos defenden un réxime aristocrático (sendo os aristócratas os que saben máis, non como na época arcaica, que eran os que posuían máis; deben vivir para gobernar ben). Atribúese a Sócrates a argumentación indutiva e a definición do universal. No proceso indutivo había dous pasos, primeiro aceptar a propia ignorancia e segundo adquirir o coñecemento universal por medio do diálogo. Isto anticipa a dialéctica platónica ao servizo do coñecemento da Idea.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *